Pestanas principais

> Presentación de libros: “Retratos en branco e negro”

Xoves, 9 xuño, 2022
ás 20:00 horas

As bibliotecas amesás acollen en xuño unha serie de presentacións de libros. A segunda será “Retratos en branco e negro”, da escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Será este xoves 9 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. No acto, a autora contará coa presenza do escritor Eduardo Rojas; da profesora, autora e investigadora, Loli Vilavedra, e da directora comercial da editorial Galaxia, Tati Mancebo, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.