Pestanas principais

>Orzamentos participativos. Votación presencial en Bugallido

Xoves, 10 decembro, 2020
De 19.15 ás 20.15 horas.

O Local Social de Bugallido acolle hoxe ás 19:15 horas a votación presencial dos Orzamentos Participativos 2020.
Para facer a votación de forma presencial hai que levar o DNI. Estará aberto até as 20.15 horas.

Cada persoa empadroada en Ames poderá votar nos 6 ámbitos ou partidas de gasto sobre as que se realizaron as propostas: investimentos rural, investimentos mocidade, actividades para mocidade, muller, cultura e medio ambiente. O referendado das dúas partidas de mocidade estará pechado ao censo comprendido entre os 16 e os 30 anos.

Cada persoa votará 3 propostas de cada ámbito ou partida de gasto. Así, asignaránselle 3 puntos á proposta máis valorada, 2 á seguinte e 1 punto á última.

Consultade o calendario de votacións premendo nesta ligazón.