Pestanas principais

>Obradoiro “Voces Violetas"

Luns, 18 novembro, 2019
Ás 20.00 horas

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ames programa para o luns, 18 de novembro, a actividade Voces Violetas, encadrada dentro da campaña Nós Contra a Violencia. Terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e está destinada a nais, pais, persoal docente ou calquera outra persoa interesada. A entrada é de balde ata completar aforo e non se precisa inscrición previa.

A actividade Voces Violetas chega a Concello de Ames da man da Concellaría de Normalización Lingüística. Trátase dunha actividade encadrada dentro do programa Igual-son, incluída na campaña Nós contra a violencia, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia da xénero.

Trátase dun obradoiro de dinamización lingüística e sensibilización contra a violencia de xénero impartido por Eva Mejuto. Ten como obxectivo axudarnos ás persoas adultas a detectar, analizar e combater, dentro do fogar e nos centros educativos, a desigualdade e o maltrato.