Pestanas principais

> Obradoiro sobre mulleres científicas no Milladoiro

Venres, 19 novembro, 2021
17:30

Coincidindo co mes da ciencia en galego nas bibliotecas, ofrecerase á mocidade de Ames o obradoiro “Excelentes mulleres científicas”. 

Está dirixido a rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria. 

Desenvolverase o venres, 19 de novembro, ás 17:30 horas na biblioteca do Milladoiro

As inscricións poden facerse entre o 8 e o 17 de novembro.

O obradoiro dará coñecer ás figuras de Begoña Vila e Hipatia de Alexandrí. A base de experimentos comprobarase o que ela e outras mulleres aportaron á ciencia.