Pestanas principais

> Obradoiro polo Día Mundial da Ciencia

venres, 11 Novembro, 2022 a sábado, 12 Novembro, 2022

“Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca” é unha das propostas de animación á lectura infantil de novembro das bibliotecas de Ames. O taller, dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria, terá lugar o venres 11 de novembro ás 17:30 horas, no Milladoiro, e o sábado 12, ás 11:30 horas, en Bertamiráns.

Dende o 31 de outubro ao 7 de novembro poderase reservar praza a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou ben no teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.