Pestanas principais

> Obradoiro polo Día da Poesía en Bertamiráns

Sábado, 19 marzo, 2022
ás 11:30 horas

Co gallo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, as bibliotecas organizan “Convértete en artista!”, un obradoiro de creación de poemas e estampado nunha bolsa para libros, dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria. A actividade terá lugar en Bertamiráns o sábado 19, ás 11:30 horas.

Para este taller, poderase reservar praza do 7 ao 16 de marzo, enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal, ou contactando por teléfono á biblioteca de Bertamiráns, no 981 88 48 29.