Pestanas principais

>Obradoiro para adultos: Como contar contos

Sábado, 17 outubro, 2020
Ás 11.00 horas.

O programa “Animación á lectura” organiza unha serie de actividades dirixidas tamén a adultos. Hoxe, sábado 17 de outubro, celébrase o obradoiro prático de narración oral, "Como crear contos", a mans de Pedro Brandariz.  O evento terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.00 horas. Precísase inscrición previa.

O Concello de Ames presentou a nova programación da iniciativa "Animación á lectura" para o último trimestre. Nela ofértanse diferntes actividades dirixidas para adultos.

Hoxe, sábado 17 de outubro, celebrarase o obradoiro "Como crear contos" a mans de Pedro Brandariz. Esta actividade, que oferta 9 prazas, terá lugar no auditorio Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.00 horas.

A actividade consiste nun conxunto de exercicios lúdicos e prácticos cos que as e os participantes aprenderán as técnicas básicas da narración oral (perder o medo a falar en publico, presenza escénica ou entonación). Pedro Brandariz ensinará, tamén, aspectos relacionados coa expresión corporal e xestual. Ademáis, traballarase dende cero con diferentes contos, dende a primeira lectura, ata a propia narración escénica, pasando polo traballo intermedio de estruturación, composición, asignación de recursos, fixación… Cada participante escollerá se traballar a narrción de contos infantís ou de lectura adulta.

Trátase dun obradoiro de 120 minutos polo cal só servirá de achegamento a todas estas técnicas, pero será suficiente para motivar ás e ós participantes a contar os seus propios contos.

O prazo de inscrición está aberto dende o día 1 ao 15 de outubro. Para asitir é imprescinidle anotarse previamente chamando aos números 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro). Tamén se atenderá vía mail a través do enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

A programación continuará durante os meses de outubro, novembro e decembro.