Pestanas principais

> Obradoiro literario polo Día da Biblioteca

venres, 21 Outubro, 2022 a sábado, 22 Outubro, 2022

“As cousas pequenas contan” é unha das propostas de animación á lectura infantil de outubro das bibliotecas de Ames. O taller, dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria, terá lugar o venres 21 de outubro ás 17:30 horas, no Milladoiro, e o sábado 22, ás 11:30 horas, en Bertamiráns.

Dende o 10 ao 17 de outubro poderase reservar praza a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou ben no teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.