Pestanas principais

>Obradoiro infantil : "Cantar, contar e xogar"

Martes, 20 abril, 2021
Ás 18.00 horas.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o obradoiro "Cantar, contar e xogar". Este espectáculo infantil realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro, o martes 20 de abril, ás 18.00 horas. Dirixido por Bea Campos, esta actividade está orientada a nenos e nenas de ata 6 anos de idade.

Trátase dun bradoiro ameno e divertido, con música en directo, no que a xente grande e pequena aprenderá e gozará cos contos, cos xogos, coa música e coa tradición oral ao tempo que coñecen e comparten materiais e recursos para criar en galego.

Precísase inscrición previa que se poderá facer, do 12 ao 19 de abril, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. A actividade é de balde.