Pestanas principais

>Obradoiro de xoguetes con material de refugallo

Xoves, 2 xaneiro, 2020
Das 12.00 ás 13.30 horas no Milladoiro e das 17.30 ás 19.00 horas en Bertamiráns

O obradoiro, destinado a nenas e nenos de 5 a 12 anos, desenvolverase pola mañá na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro e pola tarde na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas para ambos, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo remata o 20 de decembro.

Para solicitar máis información, pódese enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 660 004 665.