Pestanas principais

>Obradoiro de xabón artesanal, fai o teu nome

Sábado, 28 decembro, 2019
Das 12.00 ás 14.00 horas en Bertamiráns e das 17.30 ás 19.30 no Milladoiro

O obradoiro, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián de Bertamiráns pola mañá. Este está destinado a un público infantil, de 5 a 14 anos.

Mentres que pola tarde, o obradoiro desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, e está destinado a un público adulto.

Ambos necesitan inscrición, dispoñible ata o 18 de decembro, pode facerse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.

Para máis información sobre a actividade pódese enviar un correo a ese mesmo enderezo.