Pestanas principais

> Obradoiro de pintado de camisetas polo Día de Rosalía

venres, 25 Febreiro, 2022 a sábado, 26 Febreiro, 2022

As bibliotecas amesás retoman as súas actividades para a rapazada de 3º a 6º de primaria, cun obradoiro de pintado de camisetas co gallo da celebración do Día de Rosalía. Os nenos e nenas máis maiores de primaria decorarán as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballarán ao longo da xornada, e pintarán unha ilustración co seu retrato. Os talleres terán lugar o venres 25 no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 11:30 horas respectivamente. O prazo de inscrición abre o luns 14 e rematará o mércores 23 de febreiro.

Para reservar praza nestas sesións de animación á lectura, cun aforo limitado ás 15 prazas, cómpre poñerse en contacto co Departamento de Bibliotecas de Ames, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Por outra banda, pódese solicitar a inscrición falando directamente coa biblioteca á que se desexe asistir: para a biblioteca do Milladoiro, consultando no 981 53 08 07, mentres que para a de Bertamiráns, chamando ao 981 88 48 29. O prazo de inscrición abre o luns 14 e rematará o mércores 23 de febreiro.