Pestanas principais

> Obradoiro de música afrocubana

Sábado, 21 maio, 2022
de 11:00 a 13:00 horas

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. O sábado 21 de maio será a quenda da música afrocubana, cunha introdución aos ritmos desta cultura da man de Amaury Quintero, coach, percusionista profesional e docente na EMMA. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.

O curso presentará os diferentes instrumentos de percusión propios de ritmos como o son, o mambo ou o chachachá, co fin de que as persoas asistentes poidan aprender máis sobre esta linguaxe e identificar aspectos da cultura afrocubana. Á vez, poderán iniciarse na práctica destes ritmos, nun obradoiro de iniciación que repartirá as súas horas entre parte teórica e práctica.

O custe da praza só se deberán abonar unha vez que o departamento de Cultura confirme a praza a través do correo electrónico. Os grupos estarán formados por persoas a partir de 8 anos, cun mínimo de cinco e un máximo de quince integrantes.