Pestanas principais

>Obradoiro de iniciación na marcha nórdica

Domingo, 1 marzo, 2020
Ás 11.00 horas

Obradoiro de iniciación na marcha nórdica no Pavillón Polideportivo do Milladoiro. Terá unha duración de aproximadamente 2 horas con pausas. É unha actividade de balde, destinada a maiores de 12 anos. Requírese inscrición previa enviando un correo a promociondesaude@concellodeames.gal ou pódese chamar ao 649 450 264.

A práctica deste tipo de marcha pode carrexar beneficios a nivel cardiovascular, como é o uso de da musculatura de todo o corpo, o que pode chegar a supor un 30% máis de gasto de enerxía, ou que o uso de bastóns favoreza o bombeo e o retorno venoso. Pero tamén a nivel de corrección de posturas, xa que reduce as molestias cervicais e dorsais, favorece a correcta aliñación da columna vertebral e corrixe as posturas que se poden adquirir día a día.

Recoméndase a utilización de roupa e calzado cómodo, e os bastóns para a realización da marcha serán facilitados polo monitor do curso. Para que se leve a cabo, é necesario contar cun grupo dun mínimo de 6 persoas e un máximo de 16. Teñen preferencia para participar as persoas que se encontren empadroadas en Ames.