Pestanas principais

> Obradoiro de “fanzines” de Florencio Delgado Gurriarán

venres, 20 Maio, 2022 a sábado, 21 Maio, 2022

As bibliotecas amesás dedican en maio as actividades de animación á lectura para a rapazada de 3º a 6º de primaria á celebración do Día das Letras Galegas. Neste senso, organizan un obradoiro de imprenta no que se elaborará un “fanzine” sobre o escritor homenaxeado en 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Os talleres terán lugar no Milladoiro o venres 20 de maio, ás 17:30 horas, mentres que en Bertamiráns a sesión será o sábado 21, ás 11:30 horas.

Dende o 9 ata o 18 de maio poderase reservar praza a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou ben no teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.