Pestanas principais

> Obradoiro de Entroido na biblioteca do Milladoiro

Venres, 10 febreiro, 2023
Ás 17:30 horas

As bibliotecas municipais de Ames preparan un novo obradoiro co gallo da celebración do Entroido, que xirará en torno á creación de máscaras do Entroido tradicional galego. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 10 de febreiro no Milladoiro (ás 17:30 horas), e o sábado 18 en Bertamiráns (ás 11:30 horas). É preciso anotarse previamente para participar, e as inscricións pódense facer escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 53 08 07 (no caso de asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 88 48 29 (no caso de asistir ao de Bertamiráns). No caso do obradoiro que se celebrará no Milladoiro, o prazo de inscrición estará aberto dende o 30 de xaneiro ata o 7 de febreiro.