Pestanas principais

> Obradoiro da EMMA: música con obxectos

Sábado, 11 marzo, 2023
Ás 11:00 horas

A EMMA vai realizar, un ano máis, unha serie de obradoiros de música dunha xornada, co fin de fomentar entre a veciñanza amesá unhas condutas saudables que contribúan na súa motivación cara a música e o lecer, e que propicien unha actitude activa e participativa, repercutindo así na mellora da súa calidade de vida. Estes talleres celebraranse durante todos os sábados o mes de marzo. O día o 11 terá lugar o “Obradoiro didáctico de tubos do mundo”, que xirará arredor da música con obxectos. Neste taller, a veciñanza aprenderá a empregar diversos obxectos cotiáns para facelos soprar como unha frauta e lograr así emitir sons, que se transformen en música. Neste caso, a persoa que o impartirá é o multiinstrumentista Xavier Lozano.

As persoas interesadas en participar neste ou en en calquera dos outros obradoiros que se impartirán durante o mes de marzo poden realizar a inscrición dendeo luns 13 ata o xoves 23 de febreiro, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. O custe de cada curso é de 10 euros.

As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición, e confirmadas polo departamento de Cultura a través dunha mensaxe de correo electrónico. Así mesmo, aos participantes confirmados enviaráselles un impreso de autoliquidación do pagamento, e indicaráselles o prazo no que debe realizarse o abono.