Pestanas principais

> Obradoiro crea a túa bolsa

Sábado, 1 agosto, 2020
Ás 11:00

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle entre as 11 e as 14:00 horas un obradoiro que leva por título “Crea a túa bolsa”.
O obradoiro é de balde e está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 123 anos.
O material necesario entregarase no propio obradoiro.
As prazas son limitadas. Os/as asistentes deberán levar máscara.

Nuria Ruibal, artista plástica e directora da Escola de debuxo e pintura “Lápices” de Bertamiráns, imparte este taller no que a rapazada poderá decorar bolsas ao seu gusto.
O obradoiro forma parte do programa de dinamización da cultura e o comercio en Ames "AmesON", que a súa vez encádrase no Plan Reactiva Ames.
Forma parte tamén do conxunto de actividades: "Concilia co comercio".