Pestanas principais

>Obra de teatro: "Vida de cans"

Venres, 18 decembro, 2020
Ás 20.30 horas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 traerá o venres 18 de decembro a obra de teatro " Vida para cans", da compañía Talía Teatro. Trátase dunha traxicomedia, que está destinada a un público adulto, escrita e dirixida por Cándido Pazó. As entradas pódense adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20.30 horas.

Vida de Cans é unha obra da compañía Talía Teatro que está escrita e dirixida por Cándido Pazó. A peza chega ao Milladoiro para, a través dunha comedia absurda, paródica e metafórica, facer unha alegoría á liberdade durante 75 minutos.

“Búscase unha reflexión sobre o concepto de liberdade, sobre onde están os límites. Queremos falar de cuestións humanas, pero a través das personaxes caninas”, asegura Cándido Pazó.

Artur Trillo, Dani Trillo e Toño Casais dan vida a Nolo, Lupo e Nemo. Os protagonistas son tres cans que están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Fóra del está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade derivando cara unha traxicomedia.