Pestanas principais

>Obra de teatro "Cartóons" de Producións Teatrais Excéntricas

Venres, 3 xaneiro, 2020
Ás 18.00 horas

"Cartóons" é unha obra de teatro de Produccións Teatrais Excéntricas destinada a un público infantil de 4 a 12 anos. Representarase no auditorio Casa da Cultura do Milladoiro.

O espectáculo CARTÓONS é unha creación en parceria de Víctor Mosqueira e Josito Porto, mas botarán man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de Excéntricas (2004-2019), supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.