Pestanas principais

>O home do saco e outros contiños de menos medo

Venres, 8 novembro, 2019
Ás 17.00 e ás 18.00 horas

Chega a Ames o contacontos de Celso Fernández Sanmartín. Será o venres 8 de novembro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Hai dúas sesións, unha primeira ás 17.00h e outra ás 18.00h. Está dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos e o límite de familias por sesión é de 30. A entrada é de balde pero necesítase inscrición previa, do 30 de outubro ao 7 de novembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Hai medos que nos defenden de atrevernos demasiado, por iso, ás veces, arrodeamos para non pasar por onde o camiño se pon escuro porque pensamos que o lobo nos garda nel ou un ladrón, ou a curuxa,ou o silencio simplemente... Pero o lobo e o ladrón e a curuxa e o silencio fuxiron, porque sentiron os nosos pasos e colleron medo.