Pestanas principais

> O grupo “Lume” no Milladoiro

Xoves, 23 decembro, 2021
ás 18:00 horas

O 23 de decembro, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro, actuará o Grupo Lume, que lidera o veciño de Ames e antigo cantante da orquestra Compostela, Miguel Torres.

O concerto  enmárcase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.