Pestanas principais

>Brinca Vai, de Paco Nogueiras

Venres, 29 novembro, 2019
Ás 17.00 e ás 18.00 horas

Dende a Concellaría de Cultura informan que queda suspendido o espectáculo de teatro musical “Nube nube sol”, de Teatro ao Cubo, debido aos problemas de saúde dunha das persoas de dita compañía. No lugar deste espectáculo, hoxe pola tarde, Paco Nogueiras estará na Casa da Cultura do Milladoiro, en dúas sesións (unha ás 17.00 horas e outra as 18.00 horas) co seu espectáculo “Brinca Vai!” Aínda quedan estradas dispoñibles e pódense mercar dende ás 16.00 horas na propia Casa da Cultura do Milladoiro. Teñen un prezo de 4 euros a xeral e de 2 euros a reducida.

Brinca Vai! é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-CD/DVD Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, vídeos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso. Esta actividade desenvolverase hoxe pola tarde no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá dúas sesións: unha ás 17.00 horas e outra as 18.00 horas.

As persoas que mercasen entradas para o espectáculo “Nube nube sol”, deben saber que ditas entradas son válidas para poder ver o espectáculo Brinca Vai! De Paco Nogueiras. Aquelas persoas que teñan entradas e non queiran ver o espectáculo de Paco Nogueiras poden solicitar a devolución do seu custe.

As entradas ao espectáculo poderanse adquirir dende ás 16.00 horas na propia Casa da Cultura do Milladoiro.