Pestanas principais

>Novo circo: Xampatito pato, SÓ

Venres, 6 marzo, 2020
Ás 18.00 horas

A Casa da Cultura do Milldoiro acolle esta peza de novo circo da compañía Xampatito Pato. Cunha duración de 50 minutos, está destinada a un público infantil a partir dos 4 anos. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

Un personaxe obsesivo, cadrado e meticuloso. Un ser único do seu tipo rodeado de infinitas caixas que escapan ao seu control e co que xoga a dar forma ao seu mundo. Un universo delirante xorde do caos onde inventa a risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun ser novo cunha nova figura.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.