Pestanas principais

>Nano vai á escola

Venres, 4 outubro, 2019
Ás 18.00 horas

No Concello de Ames queremos darlle a benvida ao outono coa actividade Nano vai á escola, da man de Raquel Queizás, quen nos presentará un conto no que Nano vai ter unha nova experiencia vital… vai ir por primeira vez á escola! Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequena ata as cousas máis sinxelas se converten nun reto.

Este Nanoconto vai dirixido a nenos/as de 1 a 6 anos, aos que lle gusten os contos e os monicreques. Será o venres, 4 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para anotarvos só tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e idade das persoas que van vir e un teléfono de contacto. O prazo para apuntarse xa está aberto e remata o vindeiro xoves, 3 de outubro.