Pestanas principais

>Música rock: O rexurdir da luz, A Gramola Gominola

Venres, 7 febreiro, 2020
Ás 18.00 horas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este concerto de música rock da compañía A Gramola Gominola. Cunha duración de 60 minutos, está destinado a un público infantil a partir de 6 anos. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

Trátase dunha proposta de calidade que garante diversión para desfrutar en familia a través da música. No seu repertorio hai temas con diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, punk ou reggae. O grupo está formado por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (bateria).

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.