Pestanas principais

>Mostra de Teatro Afeccionado "Bailamos"

Sábado, 30 novembro, 2019
Ás 21.00 horas

Obra pertencente á Mostra de Teatro Aficionado organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Ames. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, a entrada é gratuíta e está destinada a un público adulto.

Será representada polo grupo Aquelando Teatro de Muros.

No acontecer presente e pasado conviven sensacións e historias que nos van marcando para toda a vida. Bailamos é unha peza teatral que recolle vivencias propias representadas polos seus protagonistas co afán de recoñecelas e compartilas.