Pestanas principais

>Marcha ciclista nocturna

Venres, 20 setembro, 2019
Ás 22.00 horas

Este venres, 20 de setembro, ás 22:00 horas, farase unha marcha ciclista nocturna con saída e chegada na Praza do Concello, e pasando pola Condomiña, Sisalde e Agro do Muíño. Aínda que non é obrigatorio inscribirse, recoméndase facelo para ter unha previsión dos asistentes. Para iso hai que enviar un correo electrónico ao enderezo: mobilidade@concellodeames.gal. Esta actividade enmárcase dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2019, que se celebra do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Camiña e pedalea de maneira segura”.