Pestanas principais

>Language Planning

Venres, 18 outubro, 2019
Ás 21.00 horas

Obra de Os Quinquilláns Teatro baseada en textos de Made In Galiza de Séchu Sende. Terá lugar na casa da cultura de Bertamiráns ás 21.00 horas e está dirixida a un público adulto.

Dous membros da LP, Language Planning, chegan a Galicia para intentar impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Trátase dunha obra teatral cómica con moita retranca galega a través da adaptación do libro Made In Galiza de Séchu Sende.