Pestanas principais

>I Torneo de Baloncesto 3X3 XL Milladoiro

Domingo, 8 decembro, 2019
Das 15.30 ás 21.00 horas

O club XL Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, organiza para este domingo, 8 de decembro, o primeiro torneo de baloncesto 3x3. Esta actividade desenvolverase no pavillón do Milladoiro, en horario de 15:30 a 21:00 horas. Haberá unha única categoría mixta que abarca desde os 15 ata os 99 anos. O máximo de xogadores/as por equipo será de 5, mentres o mínimo está establecido en 3. As persoas que non teñan equipo, poden presenten igual no pavillón, xa que entre os/as que asistan formásense equipos. A inscrición é gratuíta e haberá facela de xeito presencial no propio pavillón. Tamén se fará un concurso de triplos.

O pavillón polideportivo do Milladoiro acolle este domingo, 8 de decembro, en horario de 15:30 a 21:00 horas, o I Torneo de baloncesto 3x3 XL Milladoiro. Esta actividade, que pretende promocionar o baloncesto en familia, está incluída dentro da programación de Nadal do Concello de Ames. Tamén se fará un concurso de triplos.

Haberá unha única categoría mixta que abarca desde os 15 ata os 99 anos. O máximo de xogadores/as por equipo será de 5, mentres o mínimo está establecido en 3. As persoas que non teñan equipo, poden presenten igual no pavillón, xa que entre os/as que asistan formásense equipos. A inscrición é gratuíta e haberá facela de xeito presencial no propio pavillón.

Realizaranse grupos e xogarase todos contra todos. A duración dos partidos dependerá do numero de participantes, pero intentarase que todos os/as participantes estean entretidos/as. Segundo explican dende o XL Milladoiro non haberá perdedores/as nin gañadores/as. O único gañador será o deporte e neste caso o baloncesto. Animan á veciñanza de Ames a participar neste torneo e pasar un tarde agradable.