Pestanas principais

>Gran recollida de alimentos da campaña solidaria da XEA co departamento de Voluntariado

Sábado, 13 xuño, 2020
De 11.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.00 horas

Gran recollida da campaña de alimentos da Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co departamento de Voluntariado do Concello de Ames. Terá lugar na Praza da Maía en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 horas. 

Ames é un concello solidario, e por iso, a Xuntanza de Empresarios de Ames e o departamento de Voluntariado colaboran nesta campaña de recollida de alimentos para que non haxa #NingunFogarSenAlimentos.

Desta maneira, a cidadanía amesá que queira participar na campaña pode achegar os seus alimentos a calquera establecemento que se encontre adherido á XEA ou achegarse á gran recollida que terá lugar o próximo sábado 13 de xuño.

A campaña basease, sobre todo, na recollida de alimentos e produtos non perecedoiros. Necesítanse con máis urxencia produtos infantís como cueiros, leite de inicio, leite de continuación... así como produtos de hixiene (champú, pasta de dentes...) e conservas. Aínda así compre recordar que se van a recoller todos os alimentos que se doen sen facer ningún tipo de excepción.