Pestanas principais

Gala Letras Galegas

Xoves, 16 maio, 2019
Ás 20.00 horas

O 17 de maio, terá lugar a conmemoración do Día das Letras Galegas que este ano está dedicado ao autor Antón Fraguas. O Concello de Ames celebra a efeméride cun acto festivo o xoves 16, no que se entregan os premios do XVI Certame Literario Concello de Ames e do Certame Artístico-Literario Intercentros. O acto ten lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas.