Pestanas principais

>Foliada con Apego dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk

Venres, 21 febreiro, 2020
Ás 18.00 horas

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso. A foliada desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A actividade, que é de balde, está destinada a familias con crianzas sen límite de idade.

Requírese iscrición previa, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. O prazo está aberto dende o 13 ao 20 de febreiro.