Pestanas principais

>Foliada con Apego

Venres, 7 maio, 2021
Ás 18.00 horas.

O patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o próximo venres 7 de maio unha nova foliada con Apego. A partir das 18.00 horas, as persoas asistentes gozarán dun encontro para bailar, cantar e tocar cancións galegas. Quen teña instrumentos tradicionais poderá levalos e usalos. Trátase dunha actividade para familias con nenos e nenas sen límite de idade ou para calquera outra persoa interesada e require inscrición previa. O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de maio. Débese enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O programa Apego organiza neste mes de maio unha nova foliada no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk, esta actividade é un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso.

Se algunha das persoas interesadas toca algún instrumento tradicional, pode levalo á foliada para acompañar e compartir a súa música co resto das persoas asistentes.

A actividade, que é de balde, ten prazas limitadas e está destinada a familias con nenos e nenas sen límite de idade ou a calquera outra persoa interesada á que lle preste cantar e bailar. Para formalizar as inscricións é necesario enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal co nome e apelidos das persoas participantes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. O prazo para facelo remata o próximo xoves 6 de maio.