Pestanas principais

> Finde na neve (Leitariegos)

venres, 10 Marzo, 2023 a domingo, 12 Marzo, 2023

A Concellaría de Xuventude volve organizar a iniciativa “Finde na neve”, dirixida á mocidade empadroada en Ames. A actividade desenvolverase do 10 ao 12 de marzo na estación invernal de Leitariegos. Poden anotarse un total de 40 mozos/as entre os 15 (nados en 2007) e os 30 anos. O custe da actividade é de 158 euros, e inclúe transporte, estadía, manutención, forfait, alugueiro do material de esquí, curso de 4 horas, o servizo que ofrecen os/as monitores/s, etc. Premendo neste enlace podes descargar o impreso de inscrición nesta actividade.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 15 ata o 21 de febreiro. Para que se realice dita actividade será necesario acadar un mínimo de 25 inscritos. As prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición no rexistro, no que hai que entregar a ficha de inscrición cuberta e asinada, unha copia do DNI do/a participante e do/a pai/nai/titor-a en caso de menores, unha copia da tarxeta sanitaria e certificado médico, no caso de que o/a participante teña tratamento ou doenza que deba ser tido en conta. De igual xeito, indicarase a necesidade de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

 O 24 de febreiro publicarase a lista de inscritos/as na páxina web municipal e nos taboleiros oficiais do Concello. Para obter máis información hai que poñerse en contacto co departamento municipal de Xuventude Ames (XA!) chamando ao número de teléfono 616 08 32 29 ou enviando un correo electrónico ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.