Pestanas principais

> Festas de San Isidro en Bugallido

sábado, 13 Maio, 2023 a domingo, 14 Maio, 2023
A partir das 12:30 horas

A parroquia de Bugallido celebra a fin de semana do 13 e 14 de maio as festas de San Isidro. A celebración comezará arredor das 12:30 horas do sábado, cunha concentración de motos no campo da festa. Ao longo de toda a xornada haberá tamén oito actuacións musicais. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, e haberá tamén sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. As festas contarán con cantina con empanada e callos, polbeiro, unha exhibición de traxes tradicionais, animación infantil e diversos postos de artesanía

O sábado, 13 de maio, darán inicio as festas, organizadas pola Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, o Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria, en colaboración co Concello de Ames e coa Deputación da Coruña. A celebración comezará ás 12:30 horas, cunha concentración de motos no campo da festa, que continuará cunha miniruta con punto de saída na rúa Pedregal. A continuación, ofreceranse diversas actuacións musicais ao longo de toda a xornada cos grupos Esbozo, La reunión, Battosai, Som do Galpóm, Taz, Sr. Salvaje, Stormy Trucks e Biribirlocke.

O domingo, día 14, terá lugar a misa solemne na honra a San Isidro, ás 12:30 horas, na que actuará a Coral Polifónica de Bugallido. A continuación, desenvolverase a procesión, acompañada polo grupo Os campantes da Baña. Unha vez rematada, dará comezo a sesión vermouth, na que participarán novamente Os campantes da Baña e Os viqueiras de Ordes. Xa pola tarde, actuarán os Retranqueiros de Ames e, a partir das 18:30 horas, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre (no marco do programa Música nas parroquias).

Ademais da ambientación musical, ámbolos dous días haberá servizo de cantina. O sábado tamén se instalará un polbeiro, mentres que o domingo se venderán 600 racións de empanada e 200 de callos a prezos populares.

Por último, instalaranse diversos postos artesanais tanto o sábado como o domingo: un rosquilleiro; unha silvereira; souvenirs Lucerito; cosmética natural Naturantas; cerería Rocigarcía; libros de segunda man e marcapáxinas Rocío y sus libros; palilleira Ana Rosa Lista; Ángela Pintacaras e venta e reparación de maquinaria forestal, agrícola e de xardín J. Santos.