Pestanas principais

>Feira de San Xoán

mércores, 23 Xuño, 2021 a xoves, 24 Xuño, 2021

A Xuntanza de Empresarios de Ames organiza a I Feira de San Xoán que se celebrará os días 23 e 24 de xuño, no Parque de Ameneiral, en Bertamiráns. Durante as xornadas haberá obradoiros de artesanía, música e diversas actividades.

O mércores 23 inaugurarase a Feira ás 17.00 horas e, ás 17.30, haberá unha actuación de Os Retranquieros, un grupo tradicional. A xornada continuará ás 18.30 horas cunha Master Class organizada polo ximnasio Bj Trainers. o mércores remata co concerto da Banda de Nash.

O xoves 24, ás 11.00 horas, abre a Feira. Ás 12.00 horas organizarase unha clase de baie, dirixida a todos os públicos, con Danzaya. O evento porá fin ás 12.45 horas cunha sesión vermú co grupo de Conexión Habana.