Pestanas principais

> Exposición “Viaxe cara a vida”

martes, 21 Decembro, 2021 a mércores, 5 Xaneiro, 2022
Ás 10:00 Horas

Da man da Fundación Terra de Homes chega á Casa de Cultura de Bertamiráns a exposición “Viaxe cara a vida” que recolle información sobre un proxecto a través do que nenos e nenas de diferentes países que sofren patoloxías graves veñen a España para curarse.

A exposición estará aberta até o 5 se xaneiro do ano que vén.

Ao abeiro desta actividade, o mércores 22 de decembro, tamén na Casa de Cultura de Bertamiráns, o mércores, 22 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar unha charla coloquio para dar a coñecer as actividades desta fundación solidaria.

Na charla participarán familias de Ames que pertencen á devandita organización.

Na actividade aplicaranse todas as medidas de seguridade que esixe a loita contra a pandemia.