Pestanas principais

>Espectáculo musical infantil: Danzamos No Verán!!!

Xoves, 16 xullo, 2020
Ás 20.00 horas

Espectáculo musical infantil a cargo de Xoán Curiel e a Banda de Verán, que terá lugar na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Trátase dun espectáculo que se encontra na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“Danzamos no verán!!!” é un espectáculo que se caracteriza por facilitar a participación activa e constante do público asistente, e por contar cunha banda de gran experiencia en proxectos infantís e xuvenís. A través da batería- percusión, guitarra, teclados, ukeleke, baixo eléctrico, dous cantantes-narradores e unha bailarina en escena, a banda tráenos cancións moi divertidas e entrañables. Unha viaxe musical dende que soa o derradeiro timbre do colexio en xuño ata o primeiro de setembro.