Pestanas principais

>Espectáculo infantil: "Almanaque musical"

Venres, 12 marzo, 2021
Ás 18.00 horas.

Este espectáculo infantil, dirixido a nenos e nenas de ata 3 anos, ten como protagonista o folk tradicional. "Almanaque musical", da compañía Percubebés, estarás ás 18.00 horas no Milladoiro ensinando os meses do ano a través da música.

Almanaque musical mostra aos pequenos e pequenas o ciclo do ano con graciosas cantigas acompañadas por Pelán. Pelán  ensinaranos o día que é, e todo o que abrangue o almanaque e a súa relación coa lua, as mareas, o agro, as festas. A arpa de Bea e a voz de Marcelo do Bode completan o elenco facéndonos cantar e bailar sen deixar de aprender.

Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. As entradas para asistir a ditos espectáculos tamén se poden adquirir nas Casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).