Pestanas principais

>Espectáculo de danza: "Pink Unicorns"

Venres, 30 abril, 2021
Ás 20.30 horas.

O espectáculo de danza “Pink Unicorns”, da compañía La Macana, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro este venres, 3 0de abril, ás 20.30 horas. Dirixido a un público adulto, mostra as marabillas da relación entre pai e fillo e da pericia de cada un. Aínda quedan entradas dispoñibles que se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2,5 euros. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Un home e o seu fillo adolescente comparten escenario nunha peza na que exploran as relacións e as diferentes etapas da vida baixo a premisa das grandes diferenzas interxeneracionais, determinadas principalmente pola tecnoloxía e a nova maneira dos xóvenes de comunicarse a través das redes. A búsqueda dos puntos en común presenta un espectáculo no que, a través do corpo, se establece o diálogo entre pai e fillo. Este novo traballo de La Macana está dirixido polos coreógrafos Caterina Varela e Alexis Fernández en colaboración co coreógrafo francoargelino afincado en Alemaña, Samir Akika.

Premendo nesta ligazón podes ver o tráiler do espectáculo de danza.

A compañía La Macana, residente en Galicia, foi formada no ano 2009 pola bailarina, coreógrafa e produtora galega Caterina Varela e polo bailarín e coreógrafo de orixe cubano, con renome internacional, Alexis Fernández. As súas pezas contan cun potente material físico e unha poética coidada.