Pestanas principais

> Encontros literarios: Marga Tojo

Xoves, 17 novembro, 2022
Ás 20:00 horas

As bibliotecas de Ames celebran unha nova edición dos seus encontros literarios do curso 2022-2023 este xoves 17 de novembro. A escritora Marga Tojo presentará "Arder", un poemario editado por Edicións Positivas. A entrada é libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas de Ames organiza deste xeito o sexto encontro literario do curso 2022-2023, unha das principais actividades programadas para adultos. Dende setembro xa interviñeran os autores Diego Rojo, Eduardo Estévez, Xosé Manoel Núñez Seixas, Fernando Franjo e Alfredo Conde.

A obra protagonista nesta ocasión é "Arder" o último poemario de Marga Tojo, que está editado por Edicións Positivas. A concelleira de Cultura, Natividade González, será a encargada de facer a  presentación. Ademais, a autora estará acompañada da xornalista, Elena Martín, de Xarda Cooperativa Galega de Comunicación.      

O encontro será unha conversa entre a xornalista e escritora Marga Tojo e a xornalista Elena Martín. Entre as dúas debullarán a obra "Arder: poética do que acontece na cidade".