Pestanas principais

>Elabora o teu disfraz. Obradoiro de entroido.

Luns, 24 febreiro, 2020
Ás 11.30 horas

Obradoiro organizado polo departamento de Bibliotecas no que os nenos e nenas converteranse en personaxes dun conto por un día. Desenvolverase o luns 24 de febreiro ás 11.30 horas na biblioteca de Bertamiráns e o mércores 26 tamén ás 11.30 horas na do Milladoiro.

Actividade destinada a nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria.

A inscrición pode formalizarse enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal. O prazo está aberto ata o 20 de febreiro.