Pestanas principais

> Doazóns de sangue no Milladoiro

martes, 5 Xullo, 2022 a mércores, 6 Xullo, 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 5 e o mércores 6 de xullo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O martes 5 estará en horario de tarde, de 15:30 a 20:00 horas, mentres que o mércores 6 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.