Pestanas principais

>Día do Deporte e Carreira da familia

Sábado, 28 setembro, 2019
A partir das 11.00 horas

Con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro, a Concellaría de Deportes ten preparado un programa específico de actividades para conmemorar esta data. Deste xeito, o sábado 28 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, celebrase o Día do Deporte e maila terceira edición da Carreira pedestre da familia. 

Con motivo da celebración deste Día do Deporte, a área deportiva do Milladoiro acollerá o vindeiro sábado, 28 de setembro, a realización de diferentes actividades de grupo, impartidas por clubs de Ames, como son o baloncesto, fútbol sala, voleibol, tenis, patinaxe, atletismo, xadrez, piragüismo e judo, xunto con outras actividades dirixidas a adolescentes e maiores como son o zumba, step, ioga, spinning, body combat ou pilates. Ademais, ao igual que o ano pasado, o Concello ofrecerá a posibilidade de probar novas disciplinas como o squash e o golf.

Dentro das actividades enmarcadas na celebración do Día do Deporte, desenvolverase a III Carreira e Andaina da Familia, un evento que permite a participación individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes, compostos por avós/avoas ou pais/nais e fillos/as. Toda a recadación do día irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuír no ámbito da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.

A saída e meta da proba estará situada na rúa do Buxo, no aparcamento da Travesía do Porto a carón do Centro Comercial Novo Milladoiro. A participación está aberta a todo a veciñanza e este ano, para animar a máis familias, tamén se poderá participar dunha andaina con participantes de calquera idade. Os menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto na andaina/carreira. Descarga aquí o regulamento da III Carreira e Andaina da Familia.

Multimedia