Pestanas principais

>Día da Seguridade Viaria

Sábado, 12 xuño, 2021
Ás 17.00 horas.

A Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Local, organiza un proxecto educativo para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño cunha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A xornada terá lugar no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena. O/as participantes deberán levar bicicleta, casco e máscara.

O sábado 12 de xuño, os nenos e nenas de Ames, de 6 a 12 anos, teñen unha cita no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Co motivo da celebración do Día da Seguridade Vial, o concello de Ames ven de organizar unha serie de actividades infantís. 

A xornada comezará co “Xogo do carné por...”. Trátase dun simulacro nun circuíto de exame para conseguir o carné. Unha vez obtido, os rapaces e rapazas demostrarán as súas capacidades para conservar ou perder puntos.

Os participantes serán agasallados co “Xogo da Curuxa Maruxa”, un xogo de mesa con mensaxes sobre seguridade viaria e diferentes sinais de tráfico que farán chegar á meta . Tamén se entregarán fichas para os/as máis pequenos/as “Colorea sinais coa curuxa Maruxa”