Pestanas principais

>Danza: Entresoños

Venres, 24 abril, 2020
Ás 21.00 horas

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle ás 21.00 horas este espectáculo de danza por parte da Compañía de Danza de Fran Sieira. Trátase de baile tradicional galego no marco de danza contemporánea. Destinada a un público adulto.

Obra de baile e música tradicional galega de 65 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinaran a súa laboura de bailaríns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (escenografía e iluminación) e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo da Vilarinyo Dance Company).

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.