Pestanas principais

>Curso consolidación marcha nórdica no Milladoiro

Sábado, 3 outubro, 2020
Ás 10:00 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa Ames Saudable, organiza os cursos de marcha nórdica. Os inscritos no primeiro obradoiro de iniciación, participarán o sábado 26 de setembro no de consolidación. A actividade, impartida por Ricardo Aguieira, levarase a cabo no pavillón polideportivo do Milladoiro ás 10:00 horas.

A marcha nórdica, que consiste en camiñar coa axuda de dous bastóns deseñados específicos, ten como obxectivo optimizar o esforzo que se realiza ao camiñar. En vista dos beneficios cardiovasculares e relacionados coa postura corporal, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, organiza obradoiros de iniciación e consolidación para dar a coñecer a actividade europea.

Deste xeito, os días 12 e 13 comezaron os cursos de iniciación impartidos por Ricardo Anguieira. Os obradoiros de consolidación á marcha nórdica realizaranse o sábado 26 no pavillón polideportivo do Milladoiro. O día 27 a actividade terá lugar nos xardíns do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.  En ambas localidades o curso comezará ás 10.00 horas.
Así, durante dúas horas, perfeccionaranse as técnicas xa explicadas nos obradoiros de iniciación. A teoría combinarase con pequenas andainas, que permitirán aplicar eses coñecementos.