Pestanas principais

>Contada de Quico Cadaval: Cadaval conta... Vacas, Guerras, Porcos e Cregos

Venres, 17 abril, 2020
Ás 21.00 horas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ás 21.00 horas esta contada de Quico Cadaval de Producións Teatrais Excéntricas SL. Esta destinada a un público adulto.

Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo viciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos,artistas de cine e militares. Aparecerá o parto dunha vaca, a historia da prohibición da aguillada, o uso do xabrón como silenciador, o brutal acto inseminativo, un militar pasando ferias, as nenas vaqueiras, un crego que domina a Lüger e a retórica, un barbeiro profético, fenómenos extraños na noite de vodas, entre todas as personaxes desta fábula coral, destaca O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluir, para asombro da veciñanza, unha das suas farsas co desembarque de Normandía, o seis de xuño de 1944.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.