Pestanas principais

>Contacontos: Lobos ou lobiños, auuuuuu!

mércores, 27 Maio, 2020 a xoves, 28 Maio, 2020
Ás 17.30 horas

O departamento de Bibliotecas organiza para os días 27 e 28 de maio dúas sesións de contacontos. O día 27 desenvolverase na Biblioteca de Bertamiráns e o día 28 na do Milladoiro. Ambos días son á mesma hora.

É unha actividade de balde destinada a nenos e nenas de entre 3 a 8 anos.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a bibliotecas@concellodeames.gal, ou chamar aos teléfonos 981 530 807 (Biblioteca do Milladoiro)/ 981 884 829 (Biblioteca de Bertamiráns).